Pegadas á marxe dereita do río e en pleno corazón do complexo, están as piscinas municipais: Unha de 25 por 13 metros cunha profundidade media de 1.70 cm. e outra, infantil, con unha dimensión de 13 por 13 metros e unha profundidade media de 0.40 cm.
Estas piscinas están en funcionamento desde o 1 de xuño ata finais de setembro , con un horario de 12 de mediodía ata as 21 horas da tarde.
O baño nestas piscinas é gratuíto.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Parque infantil
Detrás do café-bar, hai unha area de xogos para os máis pequenos, renovado recentemente, con elementos de última xeración e homologación.
Aberto todo o día e gratuíto.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Pista de tenis
Xunto ao noso café-bar , podes disfrutar dunha marabillosa pista de tenis, de acceso gratuíto.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Merendeiro ao aire libre
Ao longo do recinto e baixo as sombras de bidueiros, carballos e outras especies de árbores dispoñemos dun bo número de mesas de pedra de distintos tamaños, cunhas estupendas barbacoas, onde os visitantes preparan os seus excelentes churrascos de carne.
Este é o marco máis xenuíno do complexo. Desde hai anos desprázanse xentes de toda a comunidade de Galicia a pasar o día en familia, desde primeiras horas da mañá ata a cea e disfrutar deste marco natural tan marabilloso.
O recinto dispón dun amplo aparcamento para coches e autobuses.
Desde o verano de 2002 o concello de Monterroso dotou, no perímetro do recinto, dun novo aparcamento moi ben sinalizado con capacidade para 300 coches máis.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Café-bar
Na parte superior do interfluvio dereito da Peneda, atópase un edificio de 100 metros cadrados, con terraza exterior e solarium, onde podes disfrutar de bebidas e comidas típicas da bisbarra.
O café-bar está aberto desde as 9 da mañá ata a 1 da madrugada desde o 4 de marzo ata o peche do cámping, a finais de setembro.
Hai servizo de terraza. Pódense reservar comidas chamando ao 982-377501.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Disco pub-karaoke
Para os amantes da canción en directo, o café-bar da Peneda, nas noites cálidas de verán, convertese en sesión pub, onde podes, ademais de tomar unha copa, cantar con karaoke con máis de 1000 cancións de todas as épocas e estilos, en inglés e en español e disfrutar da mellor música dentro dunha atmosfera tranquila nas súas terrazas.
Xeadería
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Xeadería
Na entrada sur-oeste do recinto, situase un pequeno quiosco independente para a venda de xeados e outros productos.
O horario é o mesmo que o do cafe-bar.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar
Servizo de aluguer de bicicletas
No cámping municipal de Monterroso ofrecemos o servizo de aluguer de bicicletas para pasear polo contorno do concello ou ben facer a ruta de sendeirismo Pena do corvo montado na bicicleta.
Máis imaxes do mesmo sitio. Faga clic para ampliar