O camiño comeza en Monterroso, na Fonte do Picho, para dirixirse ata Feiravella. Neste punto o camiño vólvese máis natural, sobre todo, cando atravesa as Peneliñas e a carballeira de Pedreira.
Na Ponte das Quendas e despois de cruzar o Ulla, a senda estreitase e serpentea entre os abundantes bidueiros, que agochan o río.
Cando chegamos á praia fluvial da Peneda, levaremos feita a metade do percorrido, onde atopamos o Cámping Municipal de Monterroso e as piscinas municipais. Que mellor lugar para descansar ou comer, que esta fermosa área de descanso.
Cruzando a estrada e seguindo o río, pronto chegamos a Portosamil, sen esquecer a enorme pedra que deixamos no camiño, e que lle da nome á ruta. Agora o camiño, en suave pendente, volve ao lugar de saída pasando polos lugares de Lamagrande, as Revoltas e a Praza de Santa Lucía.
O recorrido, iniciativa do Concello de Monterroso, dispón de sinalización e ten uns 5 km de lonxitude sen case dificultade.
Outro dos atractivos deste lugar, e fundamento no que se basou a creación do Cámping Municipal de Monterroso para dar aloxamento a pescadores, é o excelente Coto intensivo de pesca troiteiro do río Ulla. Aberto case todo o ano.
Tipo: Coto Tradicional
Límite Superior: Puente Pedriña, na estrada Lugo-Pontevedra (Monterroso, Antas de Ulla)
Límite Inferior: Ponte de la Mercé, na desembocadura do Estanco (Palas de Rei, Antas de Ulla)
Término: Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei
Cupo de capturas: 15 por pescador e día.
Talla: 17 cm.
Como engadido natural ao complexo da Peneda, pódese disfrutar do baño no espléndido e limpo río, como alternativa para moitos bañistas ás piscinas municipais de Monterroso.
Ten varios trampolíns de madeira e no encoro pódese disfrutar dunha hidromasaxe natural, coas augas a chorro que saltan nun pequeno desnivel do río de dous metros de altura.
CAMPING MONTERROSO
AVENIDA DA PRAIA S/N
27560 Monterroso (Lugo)
CONTACTO
Email:
campingmonterroso@gmail.com
Tel.:(+0034) - 982 377 501
Carmen:(+0034) - 637 462 403
Javier:(+0034) - 691 302 097
DE INTERÉS
Comparte esta páxina!