https://mobirise.com/

Equipamentos do Cámping Municipal de Monterroso

Piscinas municipais

Pegadas á marxe dereita do río e en pleno corazón do complexo, están as piscinas municipais: Unha de 25 por 13 metros cunha profundidade media de 1.70 cm. e outra, infantil, con unha dimensión de 13 por 13 metros e unha profundidade media de 0.40 cm.

Estas piscinas están en funcionamento desde o 1 de xuño ata finais de setembro, con un horario de 12 de mediodía ata as 21 horas da tarde.

O baño nestas piscinas é de balde.

Parque infantil

Detrás do café-bar, hai unha área de xogos para os máis pequenos, renovada recentemente, con elementos de última xeración e homologación.

Aberto todo o día e de balde.

Pista de tenis

Xunto ao noso café-bar podes disfrutar dunha marabillosa pista de tenis, de acceso gratuíto.

Merendeiro ao aire libre

Ao longo do recinto e baixo as sombras de bidueiros, carballos e outras especies de árbores dispoñemos dun bo número de mesas de pedra de distintos tamaños, cunhas estupendas barbacoas, onde os visitantes preparan os seus excelentes churrascos de carne.

Este é o marco máis xenuíno do complexo. Desde hai anos desprázanse xentes de toda Galicia para pasar o día en familia, desde primeiras horas da mañá ata a cea e disfrutar deste marco natural tan marabilloso.

O recinto dispón dun amplo aparcamento para coches e autobuses.

Desde o verano de 2002 o concello de Monterroso dotou, no perímetro do recinto, dun novo aparcamento moi ben sinalizado con capacidade para 300 coches máis.

Café-bar

Na parte superior do interfluvio dereito da Peneda, atópase un edificio de 100 metros cadrados, con terraza exterior e solarium, onde podes disfrutar de bebidas e comidas típicas da bisbarra.

O café-bar está aberto desde as 9 da mañá ata a 1 da madrugada desde o 4 de marzo ata o peche do cámping, a finais de setembro.

Hai servizo de terraza.

Pódense reservar comidas chamando ao 982 377 501.

Disco pub-karaoke

Para os amantes da canción en directo, o café-bar da Peneda, nas noites cálidas de verán, convértese en sesión pub, onde podes, ademais de tomar unha copa, cantar con karaoke con máis de 1.000 cancións de todas as épocas e estilos, en inglés e en español e disfrutar da mellor música dentro dunha atmosfera tranquila nas súas terrazas.

Xeadería

Na entrada sur-oeste do recinto, situase un pequeno quiosco independente para a venda de xeados e outros produtos.


O horario é o mesmo que o do cafe-bar.

Servizo de aluguer de bicicletas

No Cámping Municipal de Monterroso ofrecemos o servizo de aluguer de bicicletas para pasear polo contorno do concello ou ben facer a ruta de sendeirismo Pena do corvo montado na bicicleta.

FACEBOOK COMMENTS WILL BE SHOWN ONLY WHEN YOUR SITE IS ONLINE

Comparte esta páxina!

Camping Municipal de Monterroso

CAMPING MONTERROSO
AVENIDA DA PRAIA S/N
27560 Monterroso (Lugo)

CONTACTO
Email:
campingmonterroso@gmail.com
Tel.:(+0034) - 982 377 501
Carmen:(+0034) - 637 462 403
Javier:(+0034) - 691 302 097