O Complexo Turístico da Peneda inclúe o Cámping Municipal de Monterroso de segunda categoría, de 6.000 metros cadrados de superficie toda ela arborada, con 31 parcelas equipadas con toma de auga corrente, enerxía eléctrica e baleirado de residuais e fecais.
As parcelas teñen unha superficie aproximada de 60 metros cadrados. Complementando o servizo hai unha área de 600 metros cadrados de superficie para a acampada en tendas.
Dispón así mesmo de servizos con 10 duchas comunitarias con auga quente, vertedoiros e servizo de lavadora.
A ocupación total é de 150 persoas.
Existe a posibilidade de aluguer de camas en caravanas para peregrinos do Camiño de Santiago.
Aberto desde o 1 de marzo ata o 30 de setembro.
CAMPING MONTERROSO
AVENIDA DA PRAIA S/N
27560 Monterroso (Lugo)
CONTACTO
Email:
campingmonterroso@gmail.com
Tel.:(+0034) - 982 377 501
Carmen:(+0034) - 637 462 403
Javier:(+0034) - 691 302 097
DE INTERÉS
Comparte esta páxina!