O Complexo Turístico da Peneda atópase no concello de Monterroso, que co concello de Antas de Ulla e Palas de Reis forman a bisbarra do Ulloa, ao oeste da provincia de Lugo, en Galicia.


A Peneda conta cunha área arborada de indubidable interese botánico, polo que é visitada permanentemente por turistas, especialistas e grupos de estudantes de varias universidades españolas.
Comprende un espazo de varias hectáreas de superficie, ao longo duns meandros que o río Ulla forma no seu curso alto.


O nacemento do río está a tan só 13 quilómetros. Toda esta superficie está arborada e dispón dun gran número de mesas e barbacoas, que os visitantes utilizan para asar carnes e peixes. É difícil encontrar na fin de semana, a media mañá, sitios libres para comer.
Os amantes do baño natural poden gozar dunha praia fluvial con plataformas feitas con troncos de árbores para zambullirse ro río.
Xunto á praia fluvial hai dúas piscinas descubertas para bañarse no verán.


Ademais do mencionado cámping, conta cunha ruta de sendeirismo, inaugurada pola Xunta de Galicia no ano 2003 e un coto intensivo troiteiro de pesca.
Cruzando a ponte do río Ulla atópase o Cámping Municipal de Monterroso de 2ª categoría de recente construción.

CAMPING MONTERROSO
AVENIDA DA PRAIA S/N
27560 Monterroso (Lugo)
CONTACT
Email:
fareiro@gmail.com
Teléfono:
(+0034) - 982 377 501
OF INTEREST
Comparte esta páxina!